Historia

Créese que este concello existe dende tempo inmemorial, e que o feito de non dispor de documentación escrita, débese en parte a que o arquivo foi queimado pola facción de Salinas e do Farrapeiro que durante as guerillas carlistas operaban nesta zona fronteiriza e tiñan o cuartel en Castro Leboreiro.

O único documento que se conserva escrito en galego é unha carta dirixida ó rei, que está firmada por Pedro de Cima de Vila. O orixinal atópase no museo de Pontevedra e unha copia será exposta no concello de Pontedeva en breve.

O topónimo de Pontedeva, todo indica que o nome deriva de ponte sobre o río Deva; outros afirman a evolución das palabras ponte de Eva (persoa que financia a construción dunha das catro Pontes que hoxe cruzan o río Deva).

Hai evidencias de que estas terras estiveron poboadas antes da chegada dos romanos. Así, unha proba da existencia desta culturas prerromanas son os castros que hai nos lugares de Valiño e A Senra. Tamén se pensa que por aquí pasou unha vía romana que favorecería os posteriores.

Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban Baixo a xurisdición de Milmanda.

Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia.

Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediado do século XX. Esta é unha das causas do avellentamento da poboación.

A historia recente de Pontedeva amósanos un concello que loita pola adquisición para dotarse de infraestruturas e equipamento para competir cos momentos actuais. O referente principal é a construción do polígono industrial de Trado que hoxe en día xa conta con un gran número de empresas e que segue en continuo crecemento pois en breve ampliaranse 150.000 m2 máis de parcelas.

Outros proxectos de gran importancia que, xa están en marcha como un centro médico, acondicionamento das beirarrúas, un xeriátrico e un velorio que xa foi inauguración neste ano 2011.

Todo o mencionado anteriormente ven a dicir que a historia recente de Pontedeva atópase en plena evolución, atravesando polos mellores momentos .

 

Ligazons 

 


 

 

 

GaleriaFotografica