Monumentos Civís
Cárcere de Freáns
Edificio destinado a cárcere no seu orixe, que foi trasladada de Milmanda no 1825 a petición de Francisco Domínguez de Trado. Foi connstruida no 1824, no reinado de Fernando VII según consta na lenda que figura na fachada do edificio denominándose Cuartel del Norte e construida sendo correxidor D. José Valado y Capela.
Cinco Pontes
De estilo románico, son de interese os arcos da ponte que une Deva con Freáns. Sendo a ponte máis antiga a que une o concello de Pontedeva co concello de Cortegada en "Pontecantiño". Por dita ponte trazouse o percorrido dun camiño medieval que trascende e segue este percorrido:
A esquerda do río Miño, dende a fronteira portuguesa cara Pontebarxas e seguía por Trado, Pontetrado, Cortegada, Arnoia, Ribadavia ata chegar a Santiago de Compostela . Dito camiño pertence o "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro".
(Pontecantiño, Ponte de Deva, Pontenova, Ponte Trado e Ponte de Xinzo)
Escudo de Armas
Destaca la existencia de dous escudos de armas, un na Aldea, fronte á capela privada S. Xosé (Aldea), outro no Poste (antigo pazo, moi modificada a súa estructura arquitectónica.