Ruta de sendeirismo
A ruta de sendeirismo consistiu na creación dun roteiro ao longo do termo municipal de Pontedeva. A idea inicial consiste en aproveitar ao máximo tódolos camiños e sendas existentes, coa finalidade de crear dous itinerarios ao longo do concello recuperando parte dos camiños e sendeiros existentes.
O obxecto principal é a creación dunha ruta, que poida ser empregada tanto polos veciños, como por os visitantes, para dar a coñecer o noso patrimonio.
A combinación destos dous trazados permite cambiar estas rutas a fin de crear distintas posibilidades que poden acadar un percorrido máximo de 15 km. Finalmente, os roteiros disfrutarán dun percorrido cunha beleza espectacular por os diferentes elementos patrimoniais e paisaxísticos do termo municipal.